O Concello de Melide, provincia da Coruña, convoca a través da súa Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística o I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide 2008, cuxo obxectivo principal é a promoción dos/as artistas plásticos, a difusión da cultura artística e a promoción cultural da Galiza interior.
O marco físico de encontro é Melide, poboación presente no percorrido francés do Camiño de Santiago e capital da comarca Terra de Melide.
- Poden participar artistas plásticos residentes no territorio nacional
- Modalidades:establécese unha soa modalidade: pintura
- Requisitos dos traballos:
- O tema dos traballos será “Os sons de Galiza”
- O formato deberá ser en lenzo montado sobre bastidor, non se admitirán obras presentadas en papel ou outras superficies. As medidas non serán inferiores a 80 cm nin superarán os 200 cm polo seu lado maior.
- A técnica será libre, admitíndose a técnica mixta sempre cando respecte as condicións de presentación do formato e as medidas .
4. Autoría: Todas as obras participantes serán orixinais, non infrinxirán dereitos de terceiros e non premiadas noutros premios ou certames. As obras irán asinadas no anverso e nun lugar visíbel coa sinatura artística do seu autor.
5. Proceso de selección e presentación:
- Para o primeiro proceso de selección os participantes deberán enviar unha foto da obra (máximo unha obra por autor), a medida da foto será de 15x20 cunha resolución mínima de 200 píxeles, a fotografía irá acompañada do nome do autor e fotociopia do DNI coa ficha de participación cuberta, en caso de querer figurar con outro nome, o artístico, deberá tamén pór por escrito xunto co enderezo, o teléfono e o e-mail e un breve currículo artístico do autor. O sobre deberá enviarse antes do 26 de maio do 2008 a:
I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide “ Os Sons de Galiza” 2008, Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística, praza do Convento nº 5, 15800 Melide, A Coruña.
De todos os participantes, o xurado seleccionará 25 finalistas. A decisión do xurado farase pública o 2 de xuño do 2008. Os finalistas, unha vez contactados pola organización, deberán enviar as obras orixinais ao enderezo anteriormente indicado antes do 16 de xuño de 2008. Coas 25 obras seleccionadas farase unha exposición no Museo da Terra de Melide do 7 de xullo ao 27 de xullo de 2008 e editarase un catálogo.
Dos 25 finalistas o xurado seleccionará, unha vez revisada a obra orixinal, un/unha gañador/a e dúas mencións que se farán público o 27 de xuño de 2008. No dorso de cada obra adherirase fotocopia do DNI ou pasaporte do autor/a.
6. Envíos e inscricións: as obras deberán enviarse por axente de transporte( preferibelmente) por correo tradicional ou persoalmente.
O envío ao citado enderezo e a recuperación das obras será por conta dos participantes, así como os seguros de trasporte destes. Recoméndase utilizar embalaxes reutilizábeis. Nin o Concello de Melide nin ningún dos seus membros serán responsábeis de posíbeis extravíos, perdas ou deterioros de obras por causa do seu envío ou manipulación posterior, devolución á orixe ou calquera outro sinistro ocorrido por calquera causa. En ningún caso se poderá presentar reclamación ningunha ao Concello de Melide por posíbeis extravíos ou estragos que se poidan orixinar.
7. O xurado estará composto por un mínimo de 3 expertos e un máximo de 6, de recoñecida traxectoria, asistidos por un representante da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Melide e Alcaldía.
Os membros do xurado non poderán presentar obra neste certame. Os premios serán elixidos por unanimidade atendendo sempre a criterios de calidade, orixinalidade e creatividade, así como se valorará positivamente as obras cuxa temática ou mensaxe contribúan á promoción de Galiza e á comarca da Terra de Melide.
As dúas decisións faranse públicas nas datas previstas no sitio web da convocatoria do concurso e por e-mail e/ou teléfono aos seleccionados e premiados.
A decisión do xurado será inapelábel, e non poderá ser impugnada nin sometida a ningunha clase de recurso por persoa física ou xurídica.
7. Premios: establécese un primeiro premio dotado de 1000 € e título acreditativo; a obra gañadora deste premio pasará a ser propiedade do Concello de Melide.
Establécense dúas mencións de 400 € cada unha e título acreditativo.
8. Os participantes non premiados poderán retirar as obras presentadas a concurso durante o prazo de 20 días naturais tras finalizar a exposición no Museo da Terra de Melide o 27 de xullo. As ditas obras estarán a disposición dos/as artistas no enderezo anteriormente sinalado. Pasados estes 20 días, as obras que non fosen recollidas antes do 18 de agosto inclusive consideraranse doadas ao concello para o seu fondo artístico cultural. O concello de Melide non correrá con gasto ningún de devolución das obras nin aceptará solicitudes de devolución fóra das datas establecidas nestas Bases. Importante, os prazos de devolución son improrrogábeis e non se aceptarán peticións de devolución fóra de prazo. Os/as autores e autoras non premiados que o desexen poderán realizar a doazón da súa obra ao Concello de Melide.
Os sobres enviados para o primeiro proceso de selección (fotografía) non seleccionados destruiranse ao fianlizar o concurso.
9. Aceptación das Bases: todos os participantes, polo mero feito de participar aceptan o contido completo destas Bases. Calquera dúbida sobre a interpretación das Bases será resolta unilateralmente pola Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística e o Concello de Melide de forma inapelábel.
10. Idioma:
Estas bases redactadas en lingua galega e castelán publicadas no sitio web da organización son as oficiais e unicamente válidas. Estas bases poderanse traducir a outros idiomas pero solo serán vinculantes as redactadas en galego e castelán. O Concello de Melide declina toda a responsabilidade derivada da incorrecta ou incompleta reprodución das Bases en calquera medio de difusión que non sexa a súa propia web.
Formulario de inscrición.
Cubrir en letra maiúscula, sinatura e achegar ao envio da fotografía
Eu (nome e apelidos)_____________________________________________________, nado no ano _____________ na cidade e país de orixe __________________________ , e residente en ______________________ con enderezo postal________________________ _________________________________________________________________________ para os efectos de notificacións, número de teléfono _____________________, correo electrónico (obrigatorio) _______________________________, código postal__________ nº do DNI
ou pasaporte___________________________ e con páxina web (non é obrigatorio consignar a páxina web)_____________________________________________
Desexo participar no I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide “ Os Sons de Galiza”.2008 achegando a obra titulada: ________________________________________, consistente nunha pintura, cuxas medidas son________ x__________ cm, e a súa técnica é_____________________________________
Certifico que a mencionada obra é orixinal e da miña autoría, e que non infrinxe dereitos de terceiros e non foi premiada noutros premios ou certames. Declaro que lin, coñezo e acepto por completo as bases do mencionado concurso convocado polo Concello de Melide.
____________________, a _________de ____________ (Data completa) de 2008.
Sinatura do autor |