Venres, MarcosTeira Cuarteto presenta o seu novo disco “Alí” . Marcos Teira caracterízase por un estilo jazz moi persoal. Ás 22:30 horas no Cantón de San Roque.
Día 5 de Xullo
-
22:00h
-
Cantón de San Roque
Sábado, Jazz música de autor. Luthea Salom. Guitarra acústica e voz. Cantautora canadense producida por David Bowie, foi a abreconcertos de Norah Jones durante o ano 2007 na súa xira americana. O pasado mes presentou o seu novo disco “Sunbeam surrounded by winter” e actualmente leva a cabo una xira en capitais españolas coa cadea Fnac.
Luthea Salom nunca actuou en Galicia, o feito de facelo por primeira vez en Melide e durante o Festival mostra o seu compromiso coa cultura e a promoción da cultura en zonas interiores. A categoría internacional de Luthea Salom, ademais de darlle un enorme prestixio cultural a Melide, é un recoñecemento ao labor de promoción cultural que se está levando a cabo na nosa comarca. Ás 22:00 horas no cantón de San Roque.
Día 7 de Xullo
-
-
Museo Terra de Melide
Luns, Comeza a exposición das 25 obras finalistas do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide 2008 “Os sons de Galiza” que se expoñerá no Museo da Terra de Melide até o 27 de xullo.
Día 8/9/10 de Xullo
-
12:00h
-
Centro Multiusos
Martes, mércores e xoves, Obradoiro “Iniciación ás artes plásticas a través da interpretación de pezas de música clásica” a cargo da artista plástica Rebeca Ponte. Os nenos traballan con xesos, óleos á auga e vernices holandeses cos que interpretarán obras de música clásica, deste modo aprenden no só a interpretar e expresar as súas sensacións senón tamén a identificar obras de música clásica. Realizarán as súas pezas que recollerán o día 18 de xullo. Cada día de 12 a 13:30 horas no multiusos. Inscricións na casa do Concello. Máximo 10 alumnos por aula. Tres grupos de idades comprendidas entre os 3 anos e os 12 anos. Rebeca Ponte estudou Artes Plásticas en París. En 2003 forma parte da sección internacional da Bienalle di Arte di Roma. Despois de expor e organizar festivais culturais en Europa, en setembro de 2008 O Museo do Mar de Vigo mostrará unha das súas instalacións que despois recollerá o Museo Marítimo de Barcelona no ano 2010. Rebeca Ponte crea o contido dos seus propios talleres desde o ano 96, impartíndoos en festivais, en ferias do libro de Galicia e en bibliotecas e museos nos que sempre intenta fusionar varias materias artísticas como a música, as artes plásticas, exercicios de movemento e a lectura poética.
Día 12 de Xullo
-
12:30h
-
Salón de plenos do Concello
Sábado, Conferencia sobre o papel fundamental dos concellos e institucións na formación artística e cultural da poboación mediante a organización e apoio de eventos artísticos a cargo de Elena Dopazo Comisaria da V Bienal de Arte Contemporánea de Roma e xefa de prensa da Galería Soskine Madrid, Paris, NY. Elena Dopazo falará da importancia de convocatorias como a do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide.
Día 13 de Xullo
-
20:30h
-
Museo Terra de Melide
Domingo, Inauguración da exposición fotográfica “El flamenco está en el aire” do fotógrafo Xavier Berdala. A mostra recolle imaxes instantáneas que Berdala foi recompilando como fotógrafo no Palau de la Música de Barcelona e El Liceo. Na colección preséntanse imaxes dos principais mestres do cante e o baile flamenco como Sara Baras ou Farruquito. Xavier Berdala traballou para prensa e revistas especializadas durante os últimos 15 anos, desenvolvendo na súa traxectoria coleccións moi recoñecidas sobre problemas sociais en Senegal, a inserción dos músicos invidentes, entre outros traballos.
Día 13 de Xullo
-
21:30h
-
Praza Do Convento
Domingo, actuación de “Agarimos del Sur”. Guitarra, voz e grupo de baile
Este dúo leva ás súas costas anos de experiencia en música flamenca. Engaden ao seu estilo inconfundíbel unha mostra de baile andaluz a cargo da Casa de Andalucía en Galicia. Tamén están especializados en misas rocieiras e saetas para a Semana Santa. Coa súa arte inaugurarán a exposición do fotógrafo Xavier Berdala:”El flamenco está en el aire”.
Día 13 de Xullo
-
22:30h
-
Praza Do Convento
Domingo, proxecciónda serie completa“Elflamenco está en el aire”, comentado en persoa polo propio fotógrafo que nos comentará a historia que se esconde detrás de cada fotografía e de cada espectáculo e os seus protagonistas.
Día 18 de Xullo
-
18:30h
-
Centro Multiusos
Venres, exposición dos traballos realizados polos nenos do taller de artes plásticas de Rebeca Ponte. Os nenos verán expostos os seus traballos que poderán ensinar aos seus pais, e unha vez finalizada a presentación poderanos levar consigo ás súas casas. Ás 18:30 horas no multiusos.
Día 19 de Xullo
-
22:0h
-
Cantón de San Roque
Sábado. Acuña Jazz Band. Piano, guitarra, contrabaixo, batería e saxofón tenor. O profesor de jazz Acuña é o director da Escola Municipal de Jazz da Coruña, os seus grupos, o Acuña’s Quartet e a Acuña Jazz Band, sitúanse entre as mellores agrupacións de jazz a nivel nacional. No seu espectáculo interpretan temas propios e versións de clásicos do jazz. Ás 22 horas no Cantón de San Roque.
Día 20 de Xullo
-
22:30h
-
Praza Do Convento
Domingo, Proxección da serie “cidades” do fotógrafo urbano Agustín Góngora. En decembro pasado recibía un premio no recoñecido concurso Gran Marina Eurostars Barcelona de fotografía urbana pola súa fotografía “la plaza”.
É cofundador da revista de cultura e arte Foto3magazine e desde o pasado ano reside en Galicia. A serie cidades é unha selección das mellores fotografías urbanas que Góngora realizou nos últimos cinco anos en cidades europeas como París, Lisboa, Venecia, Barcelona, Bilbao ou Ámsterdam, entre as que achamos traballo de perspectiva e panorámico así como fotografía máis artística e de detalle nas que interpreta á súa maneira o espírito de cada cidade. Na praza do Convento ás 21:00 horas.
Día 21 de Xullo
-
11:00h / 12:30h
-
Centro Multiusos
Luns
Taller de iniciación á danza contemporánea a cargo da bailarina Ángela Blanco. Inscricións no Concello. Máximo 12 alumnos/as por grupo.
11:00 horas. Nenos e nenas entre 7 e 10 anos. Traballarán interpretación dos estados anímicos a través do movemento, farán traballo de expresión corporal, psicomotricidade e danza teatral.
12:30 horas. Rapaces e rapazas entre 11 e 13 años. Iniciación á danza contemporánea, a súa expresión a través do movemento, e realización dunha coreografía base.
Día 21 de Xullo
-
21:00h
-
Cantón de San Roque
Luns,Actuación da peza “Descarriadas” de danza contemporánea de Ángela Blanco. É unha metáfora que camiña sen descanso. Descarriadas é a fotografía dos invisíbeis y daqueles que perseguen un soño. Nómadas, emigrantes, vagabundas, aventureiras…os loucos que empurran o seu carro, as súas ideas, algúns días arrastrando a alma. Bailarán a súa fame e o seu medo ao esquecemento, ao cansazo. Buscarán casas acendidas con portas abertas.
Ángela Blanco é unha das bailarinas mái novas do panorama galego, provén nos seus inicios dunha formación en ximnasia deportiva e rítmica atinxindo o título de campiona galega nos anos 96 e 97 o que dan á liña do seu ballet e danza un toque físico disciplinado e dun acabado de movementos preciso e medido. A súa formación en danza pasa pola supervisión de recoñecidos mestres como Mita Beutel, Blandine Calais-Germain, Armando Marten, Beatriz Pérez, Carlota Pérez ou Juscka Weiguel, entre outros. O seu traballo como creadora e coreógrafa remóntase ao ano 2005 no que gana o 1º Premio de danza urbana da Coruña coa peza “Espazo convexo” actualmente colabora coa compañía “Entre Mans” e participou en pezas da escola “Micadanse” ou “Miró-ando” grupo da Universidade de París 13 entre outras. Para a interpretación da súa peza “Descarriadas” conta coa colaboración das bailarinas Blanca Calvo e Natalie Schaevers.
Día 23 de Xullo
-
20:30h
-
Centro Multiusos
Cambio na programación - UN PROBLEMA NA AXENDA DO FOTÓGRAFO JORDI OLIVER FAI IMPOSIBLE QUE POIDA VIR A IMPARTIR O SEU OBRADOIRO NA DATA PREVISTA XA QUE ESTARÁ DESENROLANDO UN TRABALLO PARA O MINISTERIO DE DEFENSA QUE TRATA A PRESENCIA DA MULLER NO EXÉRCITO, O PROPIO FOTÓGRAFO QUIXO ESCRIBIRNOS UNHA LIÑAS:
Hola a todos, en primer lugar quería disculparme por no poder estar en Melide con vosotros, peró como algunos ya sabeis ser fotografo free-lance comporta que siempre dependas de esa llamada o de esa propuesta que presentaste hace mucho tiempo y un dia te dicen que les gusta y que es para ya!!!
Me hacía mucha ilusión poder presentar mi proyecto LESSONS en este festival, sobretodo porque lessons significa abrir los ojos a la educación, supongo que Rebeca Ponte os podrá enseñar el proyecto, si la tecnología le deja.
La razón por la que no estoy aquí .. es un proyecto con el Ministerio de Defensa... la questión es que para poder desarrollar proyectos como Lessons hay que aceptar trabajos como los que me hacen no poder estar aquí.
En fin, os envio un abrazo muy grande a todos y os abro la puerta cualquier tipo de comunicación que querais entablar conmigo en un futuro, y aprovechando estas líneas para felicitar al Ayuntamiento de Melide por dar la oportunidad de mostrar trabajos alternativos y visiones artísticas personales tanto de jóvenes como de artistas consagrados. Enhorabuena por éste festival.Muchas Gracias.Jordi oliver
Jordi Oliver é foto-documentalista de La Vanguardia, El Periódico e a revista Yo Donna. Gañador do Premio Fotopres La Caixa en dúas ocasións e nunha do Lux de Fotografía. Realizou fotografía para o cinema e tamén dirixiu documentais sociais con fondos da CEE, colaborou co director de cinema Joaquím Jordá en varias ocasións a principios dos 90. Como docente está especializado en talleres para a terceira idade, doentes de Parkinson e persoas con autismo en hospitais e fundacións utilizando a fotografía como terapia.
Mércores, Taller de iniciación á fotografía para adultos a cargo DA FOTOGRAFA ELAINE BARKER.
O taller abordará a importancia DE APRENDER A OBSERVAR E TOMAR O TEMPO NECESARIO PARA INTERPRETAR O QUE VEMOS, a importancia de conceder o seu propio tempo a cada imaxe.A fotógrafa facilitará trucos para mellorar as nosas fotografías e como parte do taller haberá unha saída práctica para facer fotografías polas rúas do casco antigo de Melide.
Elaine Barker é unha fotógrafa inglesa afincada en Galicia dende fai máis dunha década, recoñecida polo seu traballo sobre a muller nos países árabes, e a calidade do seu traballo en blanco e negro.
A comisaria internacional Elena Dopazo definiu o seu traballo:
"Adicta al blanco y negro -con el que más cómodamente representa las realidades que busca- su obra es más que una crónica y más que una queja.
Trabajando tanto el mundo árabe y sobre todo la mujer, resultaría fácil caer en el lirismo o el patetismo fácil, sin embargo, Barker nos acerca esos rostros con una naturalidad que sorprende: caminos y pozos embarrados, angostos, medios de transporte que parecen funcionar por milagro de un ser superior y no por la mecánica, mujeres cubiertas o semicubiertas en entornos que todos conocemos (casi siempre indirectamente) pasan a ser algo cercano para nosotros; Elaine Barker ha llegado a hacerlos tan suyos, que todos ellos nos llegan como si hubiéramos crecido entre pantanales y mujeres bellas y curtidas, llenas de las cicatrices de sus culturas.
Entre el reportaje o la crónica, entre el diario de viajes y el sentimentalismo, su obra se ve como un álbum adulto y real, sin adornos ni pleitesías.
Con objetos inanimados sólo porque lo sabemos, la capacidad de dar vida y acercarnos a todo lo que ella representa, es una cualidad inherente a todo el trabajo de Barker.
Con una técnica cada vez más depurada y segura, sus tonos no huyen en ningún momento de las sombras: luces y sombras son sus aliados. Juega con ellas y nos convence, no gusta de los grises, la vida que representa está hecha de blanco y negro, de claridad y del más oscuro de los abismos. Y nos emociona siempre desde el mejor de los recursos: la naturalidad."
Día 24 de Xullo
-
22:30h
-
Praza Do Convento
Xoves,Proxección da serie fotográfica “Lessons “ de Jordi Oliver. A serie aglutina as instantáneas documentais e os retratos que o fotógrafo realizou no terceiro mundo durante os últimos catro anos en misións sociais para fomentar a educación. Escolas de Madagascar e India nas que os orfos achan refuxio, alimento e educación. A través da súa exposición e o comentario en directo do fotógrafo sobre cada fotografía fainos reflexionar sobre o privilexio dos nosos nenos en ter unha educación gratuíta diaria. A proxección de Jordi Oliver persegue unha reflexión sobre a educación no noso país e o alto grao de fracaso escolar, o desprezo polo coñecemento por parte do alumnado e propón a través das súas imaxes potenciar un cambio na actitude deles e facerlles caer na conta de que son moi afortunados en ter tan fácil o acceso á cultura e á educación.
Día 26 e 27de Xullo
-
11:00 a 14:00 h e de 17:00-21:30h
-
Praza Do Convento
Día 26 de xullo
11:00 horas. Inauguración da Feira.
12:00 horas. Pregón a cargo de Mercedes Queixas.
17:30 horas. Taller de iniciación á ilustración de literatura infantil a cargo da artista Lara Pintos. O taller desenvolve a creatividade e imaxinación do neno interpretando lecturas sinxelas e coñecidas. Con ceras y pasteis os nenos traballan a súa capacidade creativa asociando a lectura cun mundo cheo de oportunidades e traballando a súa capacidade de interpretación da mesma.
Desde o ano 2006 publica ilustracións coa Xunta de Galicia e en varias ocasións realizou encargos para o Concello da Coruña como a interpretación da Torre de Hércules que este ano se expón no Concello da Coruña co motivo dos 800 anos da cidade. No 2007 figura como seleccionada na mostra GZ2007CREA, o certame galego de creadores novos organizado por la Xunta. Expuxo no festival Bopart de Barcelona, e a súa obra foi finalista do concurso da Fundación Maria José Jove expoñéndose no Kiosco Alfonso da Coruña. A prensa catalogouna como unha das nosas mozas promesas da arte galega actual pola súa orixinalidade e estilo inconfundíbel.
Na Praza do Convento. Aberto a nenos/as de todas as idades.
18:30 horas. Entrega de premios do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide no salón de plenos do Concello de Melide a cargo do departamento da Alcaldía e a Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística do Concello. Con esta entrega clausúrase oficialmente a exposición “Os sons de Galicia”
19:30 horas. Contacontos de Santi Prego.
23:00 horas. Actuación do grupo de jazz “SUMRÁ” de Manolo Gutiérrez no cantón de San Roque.
Día 27 de xullo
12:00 horas. Mesa Redonda moderada por Manuel Bragado(Director de Edicións Xerais) onde participarán varios autores/as gañadores do Certame de Creación Literaria da Terra de Melide(2000-2007)
12:00-12:30 horas. Contos de Ciclobibliotecas con Anxo Moure.
17:30 horas. Obradoiro de Ilustración con José Tomás para nenos e nenas de 7 a 12 anos. (inscrición no Departamento de Cultura do Concello. Prazas limitadas)